Sunday 05 de May de 2024

Os afeccionados ao ‘running’ teñen ata o mércores 6 de xuño para apuntarse á VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro que terá lugar o sábado 9 de xuño en Fonte Díaz


Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, acolle o próximo sábado, 9 de xuño, a VI Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2018. A carreira, que a súa saída está prevista para as 18.45 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. Os interesado en participar poderán apuntarse ata o próximo mércores 6 de xuño ás 23.59 horas. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que está o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 21.00 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Os adultos poderán apuntarse ata o próximo mércores 6 de xuño ás 23.59 horas na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.